Ferrol quere que Banksy plasme nun muro a súa interpretación das 'Meninas'

Unha campaña publicitaria impulsa a participación do artista, de identidade descoñecida, nun certame ferrolán.


|

Meninacanido

Imaxe dun certame anterior. Foto: Meninas de Canido


O certame cultural e artístico de 'As Meninas de Canido', que se celebra nos meses de setembro neste barrio de Ferrol, iniciou unha campaña de publicidade a nivel internacional na que se convida ao artista Bansky a participar, nun evento no que numerosos artistas plasman en espazos públicos a súa particular versión do popular cadro de Velázquez.


O impulsor do evento, o artista Eduardo Hermida, destacou que a principal novidade para esta ano 2017 foi "a implicación dun mecenas", en alusión á marca cervexeira Estrella Galicia, "que está a axudar a chegar a Banksy", un emblemático artista de identidade descoñecida ao que se atribúen obras urbanas recoñecidas a nivel mundial en varias cidades de todo o mundo, sobre todo en Londres.


"Para nós o feito de que poida vir Banksy é o máximo ao que podemos aspirar nun festival de arte urbana como o noso, onde este autor descoñecido é a maior representación da arte urbana e a súa presenza sería un privilexio para nós e para a propia cidade de Ferrol, xa que o ter no barrio de Canido unha das súas obras, sería un gran reclamo no aspecto turístico da cidade", mentres que no caso das propias Meninas, "o ter un Banksy converteríaas nun referente a nivel de Estado", explicou.


CAMPAÑA PUBLICITARIA


Para tratar de tramitir esta invitación a Banksy, a empresa Estrella Galicia, "como parte do seu apoio constante a iniciativas artísticas e culturais, a familia de cervexas 1906", está a promover a publicación de diferentes pezas en valos exteriores en Reino Unido e está a publicar mensaxes dirixidas a Banksy en diarios nacionais europeos como The Times, The Daily Telegraph, La Repubblica, Le Parisien ou The Guardian.


A compañía cervexeira, asegurou, a través dun comunicado, que "o barrio de Canido reservou un espazo a Banksy, para que o emblemático artista de identidade descoñecida tamén reinterprete a obra máis emblemática de Velázquez".


No caso de que Banksy acuda á cita, esta sería a primeira obra oficial do autor en España, posto que a que se atopou en San Sebastián foi borrada e nunca se chegou a confirmar a súa autoría.


HISTORIA DO EVENTO


A primeira fin de semana de setembro, artistas, músicos, escritores, escultores e fotógrafos danse cita nas rúas do barrio de Canido para pintar nas paredes das súas edificacións novas obras e seguir contribuíndo a transformar este lugar da parte alta de Ferrol, nunha proposta que nacía no ano 2008 e pola que pasaron uns 1.200 artistas procedentes de todo o territorio nacional e do estranxeiro.


Na actualidade, consérvanse máis de 250 pinturas de autores da talla de Antón Patiño, Menchu Lamas, César Lombera, Moncho Borrajo, Víctor Coyote ou Jorge Llorca.


A iniciativa xurdía como resposta cultural á deterioración dun barrio, situado próximo ao centro histórico, pero no que se acumulaban as vivendas en estado de ruína e abandonadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE