Máis requisitos e máis control sobre as verbenas e festas populares
A Xunta aproba a primeira lei autonómica de espectáculos, que contempla multas para a revenda ou o exceso de público.
O Goberno galego deu luz verde e enviará ao Parlamento a "primeira" lei autonómica que regula os espectáculos públicos e as actividades recreativas, unha norma que inclúe multas "graves" para a revenda, que queda "claramente prohibida", e para os organizadores de calquera espectáculo ou evento que supere o aforamento permitido.
Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, detallaron o contido desta norma, que establece ata 600.000 euros de multa para os casos de excesos de público e que tamén permite a entrada aos touros a partir dos 12 anos.
Tamén regula os requisitos para a celebración de verbenas e festas populares. Para as comisións de festas será obrigatorio contratar un seguro, do mesmo xeito que para calquera outro espectáculo que se celebre con público --a contía modularase en función da afluencia--, pero calquera outra documentación técnica (sobre escenarios móbiles) achegarana os empresarios ou as orquestras.
Escribe o teu comentario