Galicia conta este ano con máis de 42.000 pólizas de seguros agrarios

Son un 10% máis que o ano pasado, nun período no que as xeadas e a sarabia castigaron o campo galego.


|

AgrotractorCrecen un 10% os seguros agrarios.

Galicia rexistra un total de 42.340 pólizas de seguros agrarios no que vai de ano, cun capital rexistrado de case 450 millóns de euros, o que supón un 10% máis fronte aos 408 millóns do mesmo período 2016.


Estes datos foron avaliados nunha reunión de traballo pola directora xeral de Gandaría, Belén do Campo, e o director territorial Noroeste de Agroseguro, Ramón Martín.


Respecto das xeadas, unha vez realizadas as correspondentes peritaxes, constátase a existencia dun dano medio do 84% nun total de 386 hectáreas de cultivo en catro das cinco denominacións de orixe de Galicia, excepto Rías Baixas.


Así, a afectación en Valdeorras é de 151 hectáreas; Monterrei, con 105 hectáreas; Ribeiro, con 28 hectáreas, Ribeira Sacra, con 64.


No tocante aos danos pola sarabia, están a rematarse as peritaxes correspondentes ás 100 hectáreas comunicadas polo sector para avaliar os danos.


relacionada A Xunta insiste que os viticultores contraten seguros, a súa "materia pendente"
relacionada Terceira xornada de tormentas que volverán deixar sarabiadas
relacionada Os viticultores do Ribeiro 'móllanse' por defender as axudas ao sector tras as xeadas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE