As empresas de buses adaptan horarios e paradas en vésperas do inicio do curso

Prevén poucos viaxeiros ao principio porque se ven obrigados "reformular en tres días" as "deficiencias na planificación" das que culpan á Xunta.


|

Autobusasientos


Este luns arrinca en 121 concellos galegos o novo sistema de rutas de buses escolares compartidos en 513 liñas --nas que irán 10.199 menores--, aínda que as empresas de transporte prevén escasos viaxeiros regulares nos primeiros días pola "imposibilidade" de publicitar os horarios en tempo.


En conversación con Europa Press, o presidente da federación de transporte Transgacar, Carlos García Cumplido, informa de que as empresas "están a realizar esta semana o traballo de campo que non se fixo" para "adaptar á realidade" os horarios e as paradas.


Así, García Cumplido lembra que o modelo compartido adoptado pola Consellería de Infraestruturas --que afecta principalmente á provincia de Ourense-- foi "cuestionado" polas federacións de transporte, e agora as empresas deben afrontar un "esforzo titánico" para "reformular en tres días" as "deficiencias na planificación" das que responsabiliza ao Goberno galego.


O responsable de Transgacar indica que as empresas "están a chamar aos centros educativos e chequeando todas as paradas" para facer o mellor funcionamento, pero augura que "problemas vai haber, loxicamente".


SOLUCIÓNS EN 48 HORAS


No protocolo previsto pola Xunta prevese resolver incidencias nun prazo de 48 horas. É o tempo máximo que se espera pase entre que a dirección do centro dea aviso a Educación para o seu posterior traslado á empresa co fin de liquidar os problemas.


Tamén se queixa o responsable de Transgacar de que "a Xunta non foi capaz, a pesar do que se avanzou en informática", de que "cando empecen os cursos haxa unha listaxe de alumnos a transportar coas súas paradas". A este respecto, explica que antes se cambiaban as rutas para amoldarse aos nenos, pero "agora os cambios afectan a outra xente" e "complican o sistema".


"Non se poden facer as cousas a correr", critica, porque "agora hai que reaxustar as rutas e os horarios" para "o que hai que modificar os contratos".


MUNICIPIOS E AMPAS


Pola súa banda o presidente da Federación Galega de Municipos e Provincias (Fegamp), Alfredo García, espera que "poida funcionar ben", pero os concellos estarán "atentos a ver que fallos hai", xa que se trata de "unha modificación moi grande". Neste sentido, advirte de que na primeira fase do transporte regular en agosto "houbo problemas", e aínda que "moitos se arranxaron" aínda hai cuestións por "corrixir".


O vicepresidente de Confapa, José Antonio Álvarez, e o vicepresidente de Anpas Galeas, Fernando Lacaci, móstranse "expectantes" sobre como funcionará este modelo, á espera de que se execute o mellor posible, máis aló de "pequenas dúbidas" os "primeiros días".


PAPEL DOS ACOMPAÑANTES


Os 382 acompañantes teñen potestade para impedir o acceso ao bus de "calquera viaxeiro que poida ser un perigo ou risco para os menores", segundo fixa a Xunta.


Con todo, a patronal do transporte deixa claro que "os acompañantes non son policías". "Os acompañantes, igual que os condutores, non teñen ningunha capacidade de autoridade", resalta o presidente do Transgacar.


"Se mañá chega un usuario ao autobús e quere subir, pois vai subir", porque "o acompañante ou o condutor o máis que pode dicir é dicir: 'vostede non está en condicións de subir". Por iso, avisa de que será "complicado" levar a cabo estes vetos, pois "o único que se pode facer é parar o autobús e chamar á Garda Civil".



relacionada O BNG sácalle as cores ao "fracaso" do novo plan de transporte da Xunta
relacionada A UTE de buses da Mariña perderá a concesión ao non subrogar 15 traballadores
relacionada Itinerarios, horarios e paradas do transporte escolar quedan "intactos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE