Mossos, Policía e Garda Civil, chamados a impedir a votación

Os corpos policiais deberán requisar, por orde da Fiscalía, as urnas e sobres electorais, e levantar un atestado.


|

MossoscocheA Fiscalía enviará instrucións.

Os corpos policiais non só deberán requisar urnas, sobres ou manuais de instrucións para os membros das mesas electorais senón que tamén deberán redactar os atestados correspondentes ante os indicios de delitos que presencien e dar traslado dos mesmos á Fiscalía. 


E é que a Fiscalía Xeral do Estado ten preparado desde hai máis dunha semana o borrador da instrución que enviará ás Forzas de Seguridade en Cataluña para que os seus membros impidan a celebración do referendo do 1 de outubro que este xoves prohibiu o Tribunal Constitucional.


A instrución vai dirixida aos mandos das unidades de mossos, policías e gardas civís, aos que alecciona contra os actos que se efectúen nas súas demarcacións "por autoridades ou funcionarios provinciais ou locais" e nos que sexan axudados "por particulares en conivencia con aqueles, dirixidos á preparación e celebración do referendo de autodeterminación". 


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada O TC suspende a convocatoria do referendo e notifícallo aos alcaldes
relacionada Rajoy non renuncia "a nada" tras emprender a vía legal contra o referendo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE