O concello de Lugo acondicionará o 'leiraparking' do Hospital

Patrimonio autoriza o proxecto municipal para dotar a parcela de 330 prazas de aparcadoiro gratuítas.


|

LucusaugustihulaHospital Universtiario Lucus Augusti.


A Comisión de Patrimonio autorizou este venres o proxecto técnico presentado polo Concello de Lugo para realizar o acondicionamento da parcela de titularidade municipal usada como aparcadoiro fronte ao Hospital de Lugo.


O coñecido como 'leiraparking' atópase no contorno de protección da necrópole megalítica do Monte de San Cibrao, cunha superficie de 25.280 metros cadrados e situada fronte á entrada principal do HULA.


O dito proxecto acometerase en varias fases e permitirá crear unhas 330 prazas de aparcadoiro gratuitas. A entidade local xa rozou a zona para proceder ao movemento de terras e explanar o terreo. Neste caso tomaranse as medidas necesarias para protexer o megalito achado na leira segundo as disposicións de Patrimonio.


Esta actuación, tal e como sostén o Concello, súmase ao repintado das inmediacións do HULA realizado o ano pasado, ofrecendo un total de 500 prazas gratuítas e gañando desta forma 150 novas prazas.


relacionada Caballero proponlle á Xunta que non cobre no seu aparcadoiro do Cunqueiro
relacionada A choiva encharca por dentro o hospital de Lugo
relacionada O hospital de Lugo pecha no verán unidades "co 100% de ocupación ao longo do ano"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE