Localizada ilesa unha peregrina perdida entre Fisterra e Muxía
Chamou ao 112 que se atopaba nun carreiro moi estreito, nunha zona abrupta á beira do mar, pero puido chegar a un albergue.
Cabo Fisterra. Foto: turismo.gal
Unha peregrina foi localizada ilesa tras perderse na mañá deste venres entre Fisterra e Muxía, segundo informou o 112 Galicia.
O 112 recibiu a alerta a través da propia muller de fala inglesa antes do mediodía. A peregrina indicaba que se atopaba nun carreiro moi estreito, nunha zona de montaña abrupta, á beira do mar. Engadía no seu relato que camiñara polo monte desde a praia de Ou Rostro, durante dous quilómetros dirección Muxía.
Así, mobilizouse un amplo dispositivo de procura co helicóptero da Guadia Civil, unha embarcación de Salvamento Marítimo, Gardacostas, así como Protección Civil de Fisterra e de Cee.
Finalmente, a peregrina foi localizada no albergue de Lires, no municipio de Fisterra, e atópase ben, segundo sinalan as mesmas fontes.
Escribe o teu comentario