Ourense protexe aos seus peregrinos con chalecos de alta visibilidade
A Garda Civil distribúe tamén trípticos informativos sobre como deben realizar o tránsito para a súa maior seguridade.
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense prosegue a súa campaña dirixida a peóns e ciclistas peregrinos do Camiño de Santiago para que o seu tránsito se faga coa "máxima seguridade", para o que distribúe a pé de estrada chalecos de "alta visibilidade" e trípticos informativos.
Segundo informa o Instituto Armado, os gardas civís desta unidade entregan aos peregrinos que o precisan, sexan camiñantes ou ciclistas, chalecos reflectores e información sobre como deben realizar o tránsito coa maior seguridade posible.
Desde o inicio desta campaña en abril, segundo explican as mesmas fontes, lémbraselles que os peóns deben camiñar pola esquerda, en fila da un e empregar pezas de alta visibilidade.
Ademais, indican que os ciclistas "non poden facer uso de auriculares", deben levar acendida a iluminación, empregar roupa reflectora, usar o casco de protección e aínda que están autorizados a circular de dous en dous, aconséllaselles que o fagan en fila da un.
A Benemérita lembra, ademais, que se marcou o obxectivo de evitar que se producisen máis atropelos, polo que se reitera o chamamento aos condutores de calquera tipo de vehículo, que circulen por lugares frecuentados por ciclistas, camiñantes ou corredores, "para que o fagan con cautela e sexan conscientes de que estes son o elemento máis fráxil en caso dun accidente", segundo conclúe.
Escribe o teu comentario