España debería recibir nun mes 15.000 refuxiados para cumprir o seu compromiso

"Onte chegaron 0", sinala unha campaña que pretende impulsar que o noso país acelere a acollida de persoas que foxen da guerra.


|


Refugiados 1

A campaña 'Vide XA!', da que forman parte máis dun centenar de organizacións sociais, advertiu de que, a falta dun mes para que se cumpra o compromiso de acollida adquirido por España, que finaliza o próximo 26 de setembro, aínda faltan por chegar 15.449 refuxiados, segundo informan os impulsores desta iniciativa a través dun contador online.


O contador mostra, en tempo real, o número de refuxiados que faltan por chegar a España e os días, horas, minutos e segundos que quedan para que se cumpra o prazo de acollida.


"O Estado Español comprometeuse a acoller a 17.337 persoas refuxiadas. Só quedan para a data límite 31 días. Faltan por chegar 15.449 persoas refuxiadas (o 89.11%). Onte chegaron 0", sinala a campaña na súa páxina web.


As ONG que forman parte desta iniciativa, lideradas por Oxfam Intermón, denuncian que no mundo hai 21,3 millóns de persoas refuxiadas que fuxiron das súas casas por culpa dun conflito. España comprometeuse a traer a 17.337, un 0,08% do total. "E o tempo esgótase", alertan os impulsores de 'Vide Xa!', que conta actualmente con 318 organizacións e entidades adheridas.


Así mesmo, a campaña desmente os rumores que din que "Europa vive unha crise polas persoas refuxiadas", xa que o medio millón de persoas que entraron en Europa "non representan máis que un 0,1% do total da poboación europea"; e que se se acollen refuxiados, "virán máis polo efecto chamada", unha afirmación "falsa", segundo as ONG, porque "non hai efecto chamada, hai efecto fuxida", xa que, ao seu xuízo, os refuxiados que chegan a Europa "están a desexar volver ao seu país en canto a paz o permita".


Nun primeiro prazo, o goberno español comprometeuse a reasentar a 1.449 persoas, que terían que chegar a España de terceiros países como Turquía, Líbano ou Xordania, antes do 20 de xullo de 2017. Atendendo ao segundo prazo dado pola UE, o 26 de setembro España tería que recolocar desde diferentes países de Europa a 15.888 persoas.


Esta semana chegaron a España un total de 164 refuxiados procedentes de Grecia, en cumprimento do programa da Unión Europea de recolocación creado para facer fronte ás consecuencias humanitarias da guerra de Siria.


relacionada España, disposta a acoller a 500 refuxiados máis ao mes este verán
relacionada A Rede Galega de Apoio aos Refuxiados pide "desatascar" o proceso de acollida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE