As rúas de Barcelona, escenario da unidade contra o terrorismo
Medio millón de persoas, entre cidadanía, clase política e corpos de seguridade e emerxencias úníronse nunha manifestación en resposta aos atentados.
Miles de cidadáns saen á rúa en recordo das vítimas.
Medio millón de persoas, segundo a Garda Urbana de Barcelona, participaron na manifestación deste sábado contra o terrorismo e en recordo das vítimas dos antentados. A marcha empezou puntualmente ás seis da tarde, presidida por unha pancarta co lema '' (Non teño medo).
Encabezárona 75 representantes dos corpos de seguridade e os servizos de emerxencia e entidades veciñais e cidadás, coas autoridades situadas detrás.
A manifestación discorreu entre moitos cánticos e pancartas unitarios pedindo paz e en condena de terrorismo, aínda que se mesturaron con moitas outras consignas e carteis con críticas ao poder e as autoridades, moitas delas presentes entre os miles de persoas.
Ata a chegada da marcha á praza de Catalunya, o berro 'No tinc por' combinouse con acusacións de complicidade de Estados co terrorismo, a venda de armas e outros Estados afíns á violencia, segundo dixeron.
Ademais, durante a marcha, moitos cidadáns foron aplaudindo o paso dos Mossos d'Esquadra, mentres que gritaron 'Fóra' ao pasar as autoridades.
Exhibíronse tamén rosas vermellas, amarelas e brancas --as da bandeira de Barcelona-- e bandeiras da cidade, españolas, catalás e 'esteladas'.
Escribe o teu comentario