Unzué: "É moito mellor chegar ao parón cunha vitoria"
O técnico do Celta espera "que os erros sexan cada vez menos" e lamenta que o mercado se peche coa tempada empezada.
Unzué desexaría ter xa confeccionado o persoal co que vai disputar a tempada e lamenta que o mercado de fichaxes peche coa liga empezada. "Estamos a que haxa saídas e entradas. En certa medida, é o que ocorre e enténdoa porque quen marca os tempos é o mercado e por iso se dan ese tipo de situacións", expresou.
O técnico celeste opina que "é moito mellor chegar ao parón cunha vitoria" e que "é importante que esa vitoria chegue canto antes".
Para iso, confía no traballo do equipo para "que os erros sexan cada vez menos e intranscendentes". "Teño unha gran confianza cos xogadores e en ningún momento lles vin ningún ápice de dúbida no que facemos", revelou.
E aínda que Unzué contou que "ninguén me pediu saír", na súa lista de convocados quedaron fóra Pape Cheikh e Claudio Beauvue, que negocian co Celta a súa marcha.
No apartado de entradas, a procura segue sendo a mesma: "traer ese xogador para un dos tres postos de arriba". En todo caso, asume que é unha tarefa complicada e que "o club sabe onde non quere caer e cara a onde ir".
Escribe o teu comentario