Cabral: "Desde que cheguei sempre me pediron saír xogando desde atrás"
Ante as críticas polos erros atrás, o xogador defende que o Celta mantén a mesma idea de xogo desde hai anos.
Cabral rexeita críticas "destrutivas".
As críticas polos erros que o Celta repite desde a pretemporada atopan unha resposta unánime entre os xogadores. Este mércores, Gustavo Cabral expresouse nos mesmos termos que Hugo Mallo, deixando claro que "sempre que as críticas sexan construtivas serán benvidas, cando son destrutivas non".
O xogador defende o estilo do equipo celeste como un aceno de identidade, que funcionou os últimos anos. "A filosofía do Celta é totalmente distinta. Desde que cheguei aquí sempre me pediron saír xogando desde atrás e creo que ata agora seguimos mantendo esa idea de xogo", defendeu.
Sobre posibles chegadas, expresou que "oín que pode chegar un ou dous reforzos, pero está por ver, esta semana é clave".
Mentres, entre as posibles saídas, Pape adestrouse co grupo, á espera de pechar as ofertas do Tottenhamo o Lyon. Pola súa banda Beauvue volveu traballar en solitario, no ximnasio, á espera de coñecer o seu futuro, tras perdir á dirección deportiva que lle buscase unha saída para poder gozar de minutos.
Escribe o teu comentario