Hugo Mallo ve o Celta "fortalecido na saída co balón xogado"

"Fixemos máis cousas ben que mal no partido", reflexiona o capitán celeste, que vería ben cubrir as baixas coa canteira.


|

HugomallorpHugo Mallo, atendendo aos medios.


"A idea está clara e imos a morte con ela". Así de contundente mostrouse este martes Hugo Mallo acerca da proposta de xogo que propón Unzué.


O capitán sostén que "as críticas construtivas fortalecen e as que fan dano non veñen a conto". Por iso cre que "saímos fortalecidos na saída co balón xogado, encaixamos algún gol así, pero é corrixible".


Hugo Mallo defende así que "fixemos máis cousas ben que mal no partido" e quita importancia aos fallos que poidan ter na saída do balón o porteiro ou outros xogadores.


Sobre posibles incorporacións, o capitán sinalou que "a min gustaríame que non fichen a ninguén e que tiren da canteira, pero non debo meterme en decisións de se hai que fichar ou non. Se sobe alguén da canteira ben e se fichan ben tamén".

relacionada Ao Celta escápalle a primeira vitoria da tempada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE