Segue sen descanso a loita contra incendios que suman xa máis de 1.100 hectáreas

Están estabilizados os tres maiores lumes destes días, mentres seguen activos outros dous. En total, hai unha decena en distintas fases de extinción.


|

Incendioverin


Semana negra para os montes galegos, por unha sucesión de incendios que non remata. Luns e martes foron "os peores días do ano" en canto a número de lumes iniciados, pero a sangría segue noutras zonas mentres eses non se acaban de extinguir.


Este xoves están fóra de control dous incendios forestais en Cervantes e Folgoso do Courel, que empezaron esta madrugada e superan as 20 hectáreas, segundo estimacións provisionais de Medio Rural.


ESTABILIZADOS


Na seguinte fase da extinción, como estabilizados, Medio Rural sitúa os incendios de Chandrexa de Queixa, que leva arrasadas unhas 300 hectáreas, e o de Castro Caldelas, que queimou unhas 250 hectáreas. Ambos comezaron o martes.


CONTROLADOS


En situación de control están este mediodía o incendio de Monterrei, o máis extenso destes días, con 384 hectáreas e que comezou tamén o martes.


Tamén están controlados outros lumes en Porto do Son, Palas de Rei, A Pobra de Trives e Montederramo.


Todos eles suman máis de 1.100 hectáreas calcinadas.


CERVANTES


O alcalde de Cervantes, onde quedaron dous incendios extinguidos, pero volveu arder noutro punto de madrugada, mostrouse convencido de que os últimos incendios forestais no concello foron "provocados".


Respecto diso, Benigno Gómez considera que "se aproveitan da situación" os incendiarios, ao "estar todo seco". "É un problema, que pode arder unha aldea", alertou o alcalde.


Do primeiro lume, declarado o luns, o rexedor lembra que estivo moi próximo "ás casas". "Se non fóra polos medios chegaría ás casas", sostén.



relacionada O luns e o martes foron "os peores días de todo o ano" en canto a incendios
relacionada Noite de batalla contra o lume con ata seis incendios forestais en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE