A maioría dos feridos son estranxeiros de máis de 20 nacionalidades distintas
Ambulancias na zona do atentado.
O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, asegurou que a maioría dos feridos no atentado terrorista de Barcelona do xoves son estranxeiros e pertencen a máis de 20 nacionalidades distintas.
Díxoo en declaracións a Rac1 recollidas por Europa Press tras afirmar que a tarefa que lle corresponde ao Govern nestes momentos en relación coas vítimas é a de coordinar as accións de acollida dos afectados e a repatriación dos corpos.
MÁIS DE 100 FERIDOS, NOS HOSPITAIS
Máis dun cento de feridos no atentado da Rambla de Barcelona atópanse hospitalizados nunha quincena de hospitais cataláns, informou Protección Civil a mañá deste venres.
Fontes de Protección Civil explicaron a Europa Press que houbo xente que foi a hospitais polo seu propio pé, polo que a cifra varía da inicial de 80 feridos, e engadiron que nas próximas horas actualizarán a información sobre a gravidade destes.
Polo suceso en Cambrils (Tarragona) atópanse sete persoas hospitalizadas, e non descartaron que se produza algunha alta nas próximas horas.
AUTOPSIAS E ADN
Segundo informa o Govern, as autopsias aos 13 falecidos no atentado de Barcelona xa se acabaron de realizar á primeira hora da mañá deste venres. Así mesmo tamén se tomaron mostras de ADN. Tan só queda por realizar o estudo dental para comezar a establecer e confirmar a identidade das vítimas.
Así, dado o elevado número de estranxeiros entre as vítimas, a maioría turistas, o Aeroporto do Prat abriu dous espazos para atender a familiares de afectados polo atentado.
Escribe o teu comentario