Os galegos, interesados pola transparencia na Administración

O portal web da Xunta posto en marcha hai case un ano e medio recibiu preto de 120.000 visitas e 745 solicitudes de acceso a información pública.


|

Transparencia


O portal de transparencia da Xunta recibiu máis de 118.800 visitas desde a súa posta en marcha o 7 de marzo de 2016, nun período no que se presentaron un total de 745 solicitudes de acceso a información pública.


Segundo informa o Goberno galego este martes, nos accesos contabilizáronse preto de 70.000 visitantes distintos. Nestas visitas foron consultadas ao redor de 600.000 páxinas.


Entre estas consultas, destacan as máis 39.000 en relación con normativa en tramitación nas súas diferentes fases. Séguenlle as máis de 27.000 realizadas en páxinas relacionadas con altos cargos da Administración galega. Cuestións como a axenda institucional de altos cargos, información sobre xefes de gabinete e prensa, así como retribucións de persoal superan as 10.000 visitas.


No tocante ás 745 solicitudes de acceso a información pública --495 por medios electrónicos e 250 en papel--, producíronse 233 en 2016 e 512 nos seis primeiros meses de 2017, polo que a Xunta subliña o "incremento notable" no que vai de ano.


Do total de solicitudes, houbo 687 resoltas, mentres que 37 foron inadmitidas por resultar necesaria unha acción previa de reelaboración ou por referirse a un órgano que non ten no seu poder a información solicitada. Outras nove desestimáronse en base á lei de transparencia.

relacionada A Xunta recibe 632 queixas nun ano do portal de transparencia
relacionada Vigo coróase como o concello máis transparente de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE