Vigo coróase como o concello máis transparente de Galicia

A clasificación da ONG Transparencia Internacional deixa a Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense por baixo da media española.


|

VigoconcelloSede do concello de Vigo.


O Concello de Vigo lidera a clasificación de transparencia das grandes cidades de Galicia, cunha puntuación de 98,8 puntos sobre cen, fronte á media de transparencia dos 110 consistorios analizados en toda España, que se sitúa en 89,7 puntos.


A ONG Transparencia Internacional deu a coñecer este venres o seu estudo sobre o ITA (Índice de Transparencia dos Concellos), elaborado a partir da análise de 80 indicadores relacionados con diversas áreas.


O ITA de 2017 estableceuse a partir do estudo de 110 concellos, entre eles, os galegos de Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra.


O de Vigo foi o concello mellor valorado, cun índice de 98,8 puntos, mentres que Santiago se situou como o segundo galego en transparencia, con 91,9 puntos. O resto de consistorios avaliados en Galicia quedaron por baixo da media española, que está en 89,7 puntos: Ferrol tivo 83,3 puntos, A Coruña 83,1, Pontevedra 78,1 e os concellos de Lugo e Ourense, quedáronse con 71,9 puntos.


Caballero expresou a súa satisfacción por estes resultados, que evidencian ao seu xuízo que "o Concello de Vigo é absolutamente cristalino". "Somos un concello excepcionalmente transparente", insistiu.


Na listaxe nacional, hai 25 concellos que lograron a máxima puntuación, entre eles, Madrid, Barcelona, Oviedo, León, Bilbao ou Logroño. Por contra, entre os municipios con menor índice de transparencia están Almería, Toledo, Xaén, Alxeciras ou Telde.


INDICADORES


Para a elaboración do ITA 2017, Transparencia Internacional analiza 80 indicadores repartidos en seis áreas de transparencia: transparencia activa e información sobre a corporación municipal; páxina web, relacións cos cidadáns e a sociedade, e participación cidadá; transparencia económico-financeira, transparencia nas contratacións, convenios, subvencións e custos dos servizos; transparencia en materia de urbanismo, obras públicas e medioambiente; e dereito de acceso á información.


Segundo Transparencia Internacional, as áreas de transparencia nas contratacións e en materia de urbanismo son as que reflicten menos puntuación nas análises, cunhas medias respectivas de 85,8 e 86 puntos.


A ONG precisou, como cada ano, que o ITA "en ningún caso trata de medir o nivel de corrupción ou a conduta de persoas que poidan pertencer administrativamente ou dirixir politicamente" as institucións analizadas.

relacionada Galicia encabeza o ránking de autonomías máis transparentes
relacionada A Xunta recibe 632 queixas nun ano do portal de transparencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE