Guidetti perde o inicio da liga por unha fracura de clavícula
Os servizos médicos estiman que a recuperación do dianteiro durará un mes e medio tras a operación deste luns.
Guidetti, abandonando o campo. Foto: RC Celta
Unzué perde a John Guidetti para o próximas seis semanas. O dianteiro fracturou a clavícula este domingo nun choque aos quince minutos do encontro que enfrontou o Celta e a Roma.
O dianteiro sueco necesitará un mes e medio para recuperse tras a intervención cirúrxica deste luns.
O Celta pechou a pretemporada cun resultado (4-1) que lle serve para recuperarse das malas sensacións cultivadas durante a preparación estival.
Así o expresou Stanislav Lobotka este luns na Madroa, onde dixo que "creo que xogamos moi ben e é bo antes de empezar a liga unha vitoria así porque a Roma é un bo equipo.
O centrocampista ve posibilidades para o Celta e espera participar. "Sabemos que hai moi bos xogadores e temos que darnos máis tempo. Farei todo o posible para ter oportunidades".
Escribe o teu comentario