O Celta cae no seu regreso a un Balaídos case baleiro

Nin 6.000 espectadores había nas bancadas para ver o XXII Memorial Quinocho, que se xogou ás 7 e media da tarde


|

CeltaudinesePouco máis de 5.700 afeccionados nas bancadas.


O Udinese adxudicouse o XXII Memorial Quinocho tras superar ao Celta desde o punto de penalti tras o empate (1-1) rexistrado no encontro. Maxi Gómez marcou ao fío do descanso e De Lima empatou a falta de cinco minutos para o final na única chegada do cadro visitante. No descanso do encontro presentáronse os equipos das categorías inferiores do club, ante un estadio con pouco máis de 5.700 espectadores.


O equipo local dominou a posesión durante a primeira metade con folgura, aínda que non atopou con facilidade ocos na zaga dun replegado Udinese. Xa ao fío do descanso, Maxi Gómez aproveitou un rexeite para anotar o primeiro tanto do parrido.


Tras a continuación, con cambios constantes, os celestes mantiveron o dominio do encontro, sen apenas encaixar ocasións en contra, aínda que tampouco con demasiadas a favor. De Lima empatou o partido a falta de cinco minutos na única chegada do cadro visitante. Os célticos tentárono sen fortuna ata o final.


O Trofeo decidiuse desde o punto de penalti. Os italianos estiveron máis acertados e levaron o Memorial Quinocho.


Podes ver os mellores momentos do choque no vídeo do Udinese:



relacionada O Celta de Unzué prepara a súa reaparición en Balaídos
relacionada Os plans de Unzué pasan por "moita máis saída de balón e máis posesión"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE