O Celta remata a xira europea sen conseguir ningunha vitoria
Guidetti e Maxi Gómez puxeron os goles este sábado ante o Leverkusen, un encontro que rematou con empate a 3.
Bayer Leverkusen 3-3 Celta. Foto: RC Celta
O Celta volve a casa coas masn baleiras da xira europea. Ou estarían baleiras se a estas alturas importasen os resultados. E é que os celestes non conseguiron ningunha vitoria na súa xira europea por Inglaterra e Alemaña.
Este sábado os de Unzué asinaron un empate a 3 contra o Bayer Leverkusen, un rival de categoría, para se examinar de verdade, contra o que marcaron primeiro e chegaron con vantaxe ao descanso. Un gol obra de Guidetti, desde a frontal, golpeando o longueiro e enchufándose na rede, xusto despois dun gol anulado ao Bayer.
O resto da primeira metade foi igualado, co Celta tratando de ter o balón, fiel ao seu estilo, e o Leverkusen buscando o empate e poñendo as ocasións.
Tras o descanso chegaron máis goles. Outra vez Guidetti foi o primeiro en atopar porta, poñendo o 0-2 para os vigueses á hora de partido.
Con todo, o conxunto alemán repúxose, dominando o xogo e conseguindo a remontada en menos de 15 minutos.
Demostra a intensidade do choque que o Celta conseguise volver empatar. Logrouno Maxi Gómez, cun remate no corazón da área a centro de Sisto.
Escribe o teu comentario