O Celta despídese de Inglaterra, onde deixa un amigo para sempre

A expedición celeste xa está en Alemaña para o amigable ante o Bayer Leverkusen. As próximas citas son en Balaídos.


|

LeverkusenestadioO Celta está na casa do Leverkusen. Foto: RC Celta


O Celta xa está en Alemaña para continuar coa súa pretemporada, tras os dez días que os celeste pasaron en Inglaterra, sen demasiado éxito en canto a vitorias, ao perder por 2-1 contra o Brentford e empatar a 2 goles ante o Burnley.


O que si colleitou o club vigués foi a simpatía eterna dun club local. E é que o seu capitán, Jordan McCourt, ex xogador do Tenerife, non dubidou en utilizar Twitter para contactar co Celta e tentar cumprir o seu soño e o do seu equipo de adestrar cun "primeira división".


Os celestes xustificaron a súa negativa en que "o corpo técnico céltico conta cun plan de traballo minuciosamente deseñado", pero convidaron á comitiva do club británico a un adestramento, onde se coñeceron e intercambiaron camisetas.


A quilómetros de distancia, este sábado afrontan o terceiro encontro da xira, contra o Bayer Leverkusen, antes de regresar a Vigo.


A próxima semana, dúas citas ante rivais italianos en Balaídos, contra o Udinese e a Roma. Dous choques máis para corrixir erros e adaptarse ao que pide Unzué.

relacionada Jozabed pon os goles do Celta no último choque en Inglaterra
relacionada Celebración inesperada en plena xira inglesa do Celta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE