Máis de 600 coruñeses participaron no programa de atención psicosocial de La Caixa
Redacción |
Xoves, 10 de Agosto de 2017, 17:59
Un total de 671 coruñeses participaron ata a data no programa de atención psicosocial da Obra Social La Caixa, segundo informa a entidade. Esta iniciativa trata de atender as persoas con enfermidades avanzadas no final dos seus días.
Desde 2009, este programa foise ampliando" ata chegar, a día de hoxe, a 123 hospitais de toda España a través de 42 equipos de atención psicosocial", sinalan os seus responsables nun comunicado.
Ademais, remarca que, con esta iniciativa, a entidade busca "impulsar unha atención integral que cubra o apoio psicolóxico, emocional, social e espiritual ao paciente e aos seus familiares". Na Coruña, o programa atendeu ata hoxe 671 pacientes e 1.176 familiares.
Escribe o teu comentario