Sidnei, "contento" por ser un dos capitáns do Dépor
O central valora a estancia do equipo en Vilalba, porque cre que "é bo para nós estar xuntos".
Sidnei asegura que a súa cabeza está "aquí". Foto: RC Deportivo.
Tras o recente anuncio da repartición de brazaletes no Dépor, Sidnei móstrase "contento" por ser un dos elixidos, aínda que di que "todos somos capitáns, cada un coa súa parte de responsabilidade".
O central asume, iso si, os seus galóns e espera "poder axudar os meus compañeiros do Dépor a conseguir os seus obxectivos como veño facendo estes anos".
Sobre os rumores acerca do seu futuro, deixa claro que "teño a miña cabeza aquí, estou a prepararme para facer unha gran tempada no Dépor e agora mesmo o meu pensamento só está aquí".
O central valora a estancia do equipo en Vilalba, porque cre que "é bo para nós estar xuntos".
Sidnei falou ben do que será previsiblemente o seu compañeiro na defensa, Fabian Schär. "É un gran xogador, estamos todos moi contentos con el, vén para axudarnos e estou seguro de que o fará".
Escribe o teu comentario