Aparece o corpo do octoxenario desaparecido en Curtis
Un veciño da zona atopouno na súa mesma parroquia, a uns dous quilómetros da súa casa.
Un veciño atopouno na súa mesma parroquia.
O corpo do octoxenario desaparecido o 26 de xullo no municipio coruñés de Curtis, Ramón Barral, apareceu na mañá deste martes a dous quilómetros da súa casa, na parroquia de Fisteus.
Segundo informou a Garda Civil, o cadáver foi atopado por un veciño da zona e ao lugar trasladouse a Policía Xudicial de Betanzos para proceder ao seu levantamento.
O octoxenario residía na Coruña e acudira a Curtis a pasar uns días coa súa familia a unha vivenda da Fraga, na parroquia de Santa María de Fisteus. A última vez que o viron foi a uns 100 metros da súa casa.
Escribe o teu comentario