Buscan con drons a un octoxenario desaparecido en Curtis
Este mércores pola tarde xa se desenvolveu un primeiro operativo formado por diversos efectivos de emerxencias.
A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorporouse ás tarefas de procura dun home de 89 anos desaparecido en Curtis.
Segundo informa o 112 Galicia, está previsto que os avións non tripulados da Axega operen na zona ao longo da mañá deste xoves.
O home, veciño da parroquia de Fisteus, leva desaparecido desde a tarde do mércores. Minutos antes das 17,00 horas, o seu fillo contactou co 112 Galicia para dar a voz de alarma. Tras iso, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou da situación ao GES de Curtis e á Garda Civil.
Ao longo da tarde do mércores xa se desenvolveu un primeiro operativo no que participaron diversos efectivos de emerxencias, así como un helicóptero da Garda Civil.
Escribe o teu comentario