Vigo crea un circuíto urbano para a presentación do monopraza da Universidade

Por terceiro ano, os estudantes de enxeñerías da UVigo crean un coche de carreiras para competir con outras universidades.


|

Uvigomotorsport2017Presentación do UM17 en Vigo. Foto: UVigo


O terceiro monopraza creado por estudantes da Universidade de Vigo presentouse este luns no centro de Vigo, nun acto para o que se pechou un tramo da rúa para que o coche de carreiras puidese dar varias voltas e mostrarse á cidadanía.


26 estudantes das escolas de Enxeñería Industrial e Enxeñería de Minas e Enerxía da UVigo deseñaron e construíron o vehículo co que participarán en dúas probas da competición automobilística universitaria máis importante de Europa, a Formula Student.


O proxecto é froito da colaboración entre institucións públicas e privadas. Así, como lembrou o xefe do equipo UVigo Motorsport, Juan Villa, o apoio dos patrocinadores e a industria de ata 20 quilómetros, que lles proporcionou ata o 90% das pezas, fixeron posible sacar a relucir a formación que reciben na Universidade pública.


NOVIDADES NO COCHE


Como novidades do UM17 respecto dos seus dous antecesores están o motor, que agora procede dunha moto Kawasaki ER6-F, "máis robusto, potente e fiable", e melloras no chasis, que combina monocasco en fibra de carbono con aceiro tubular.


O obxectivo deste ano é mellorar a fiabilidade de edicións anteriores e "rematar a endurance, a proba máis dura, xa que o ano pasado en Montmeló ningún equipo español logrou completala".


O equipo está integrado por cinco mulleres e 21 homes, cinco persoas máis que o ano anterior. Ademais, conseguiron renovar a todos os patrocinadores e incorporar outros novos ata sumar 65.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE