Marcelo Díaz, sorprendido de que o Celta o queira vender

O xogador chileno rompe o seu silencio nunha televisión do seu país antes de regresar á disciplina celeste e falar con Unzué, o novo adestrador.


|

MarcelodiazceltaMarcelo Díaz espera falar con Unzué. Foto: RC Celta


O xogador chileno do Celta Marcelo Díaz ofreceu a unha televisión do seu país unha entrevista na que falou da súa sorpresa ao decatarse de que o seu club ten intención de vendelo.


"Declaráronme transferible xusto no momento que menos o esperaba, tras a Copa Confederacións", revelou o futbolista. Con todo, afirmou sentirse "tranquilo" sobre o seu futuro, porque lle quedan aínda dous anos de contrato.


"Eles terán as súas decisións", reflexionou, pero tamén mostrou a súa intención de "falar co novo técnico, ao que non coñezo e non tiven ningún contacto con el".


Marcelo Díaz reincorporarase á concentración celeste en Inglaterra, para volver adestrar. A pesar da súa situación, o xogador afirma que "aos meus 30 anos considéranche vello, pero quero seguir crecendo".

relacionada O Celta presenta a Lobotka e busca equipo para Marcelo Díaz
relacionada Marcelo Díaz, un mes de baixa por unha escordadura de xeonllo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE