Villoslada, segundo aspirante ás primarias, mentres Leiceaga garda silencio
O deputado autonómico súmase a Gonzalo Caballero na carreira para liderar o PSdeG, tras o anuncio do calendario do proceso.
Juan Díaz Villoslada dá "o paso adiante". Foto: PSdeG
O deputado autonómico do PSdeG Juan Díaz Villoslada anunciou este xoves a súa intención de sumarse á carreira para liderar o PSdeG. Dá "o paso adiante" un día despois de que a xestora aprobase o calendario que sitúa as primarias para elixir o secretario xeral dos socialistas galegos no domingo 8 de outubro.
O parlamentario socialista convocou os medios para ratificar a súa decisión "despois de días de reflexión persoal, política e familiar". Villoslada súmase se así á pugna co membro do Comité Federal do PSOE Gonzalo Caballero.
LEICEAGA GARDA SILENCIO
Pola súa banda, Xoaquín Fernández Leiceaga evitou pronunciarse sobre se se presentará ás primarias do PSdeG. "Iso verémolo nos próximos días", respondeu a preguntas dos medios.
O portavoz socialista na Cámara declinou confirmar se concorrerá ao proceso interno dos socialistas galegos, no que o militante vigués Gonzalo Caballero xa iniciou unha rolda de contactos para medir as súas forzas na pugna por facerse coa Secretaría Xeral do PSdeG.
Escribe o teu comentario