Gonzalo Caballero, primeiro aspirante ás primarias do PSdeG

Co proceso aínda sen data, confirma a súa intención de postularse para liderar o partido en Galicia. "É un proceso de elección que me gusta", afirma.


|

Gonzalocaballero 2Gonzalo Caballero confirma a súa intención de liderar o PSdeG.


"Estou disposto a presentarme ás primarias". Así de rotudo se mostrou esta mañá Gonzalo Caballero para deixar clara a súa intención concorrer como candidato ao proceso de elección do novo líder do PSdeG que se espera para cando pase o verán.


Aínda non hai data para o congreso autonómico socialista, pero o vigués dá un paso adiante e convértese no primeiro que se postula. "A min é un proceso de elección que me gusta. Creo que as primarias cando hai que abrir unha nova etapa nunha organización son moi importantes porque permiten que as bases, a militancia, leve o protagonismo", manifestou nos micrófonos da Radio Galega.


Gonzalo Caballero xa tentou facerse en 2008 e 2012 coas rendas da agrupación socialista máis numerosa de Galicia, a de Vigo, en ambos os casos sen éxito; o mesmo que ocorreu cando tratou de liderar o PSdeG en 2009 en oposición a Pachi Vázquez, pero non chegou a reunir os avais necesarios. Tamén quixo ser candidato á Xunta no 2016, pero rematou apoiando a candidatura de Leiceaga porque tampouco conseguiu avais abondos.


PATRICIA VILÁN DESCÁRTASE


A deputada do PSdeG Patricia Vilán afirmou non ter "intención" de presentarse ás primarias que o partido celebrará despois de verán. Ademais, destacou que, "máis que as caras, o importante é un proxecto que aglutine" e que o partido "se poña a traballar de maneira clara e sen problemas internos", co obxectivo de poder estar no goberno tras as próximas eleccións.


Así o resaltou a preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa na que tamén valorou que "todos" os compañeiros que "dean un paso adiante" serán "benvidos".


Tendo en conta que "oficialmente" non hai ningunha data fixada, nin para as primarias nin para o congreso do PSdeG, Vilán sinalou que isto se fará segundo "o tempo estipulado" e cumprindo "o prazo que marcan os estatutos".


"Eu non teño intención de presentarme ás primarias", respondeu interpelada directamente por esta opción, para engadir, respecto diso, que "hai unha chea de compañeiros que poderían" facelo.

relacionada Gonzalo Caballero non descarta optar á secretaría xeral do PSdeG
relacionada Carmela Silva descarta "absolutamente" postularse para liderar o PSdeG
relacionada Pilar Cancela non descarta presentarse ás primarias do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE