Carmela Silva descarta "absolutamente" postularse para liderar o PSdeG

"Estou centrada na provincia", afirma a presidenta da Deputación de Pontevedra, que espera que "soen moitos nomes".


|

CarmelasilvapontevedradeputacionCarmela Silva despexa calquera tipo de dúbida.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, descartou presentarse ao proceso de primarias para a elección do próximo secretario xeral do PSdeG, formación que debe escoller nova dirección tras máis dun ano de interinidade.


Nunha entrevista en Faro de Vigo recollida por Europa Press, Silva asegura que a decisión de apartarse da carreira por liderar os socialistas galegos é "total e absoluta". "Que non haxa ningunha dúbida", remarca.


"A miña decisión é centrarme en exclusiva en mellorar a vida dos veciños da provincia que é o que deu bos resultados en Vigo", declarou a presidenta provincial.


Así mesmo, evitou pronunciarse sobre as súas preferencias para ocupar a Secretaría Xeral do PSdeG: "Calquera militante se pode presentar e pareceríame estupendo que o fixesen. Oxalá soen moitos nomes", apostilou.

relacionada Ferraz devolve ao PSdeG as competencias para convocar primarias e congreso
relacionada Leiceaga recoñece que "hai miradas postas" nel para liderar o PSdeG
relacionada Gonzalo Caballero non descarta optar á secretaría xeral do PSdeG
relacionada Pilar Cancela non descarta presentarse ás primarias do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE