Leiceaga recoñece que "hai miradas postas" nel para liderar o PSdeG

O portavoz socialista sostén que reflexionará se pode ser "unha opción de futuro", "porque a responsabilidade así o esixe".


|

Leiceagamitinvigo


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, admitiu este martes que sabe que "hai miradas postas" nel para optar ao liderado do seu partido debido ao cargo que ocupa, pero asegurou que aínda non ten "ningunha decisión persoal tomada" sobre o tema.


"Hai que apurar os tempos da reflexión, porque a responsabilidade así o esixe", esgrimiu, sen pasar por alto que as primarias para competir por este posto aínda non foron convocadas. A partir dese momento, "quen crea que pode representar unha opción de futuro" deberá dar o paso, agregou.


É o que respondeu Leiceaga en rolda de prensa, ao ser preguntado sobre o seu futuro un día despois de que Ferraz devolvese á xestora galega a competencia para convocar os procesos de elección dun novo líder e o seu equipo de dirección.


En canto á renovación das estruturas do partido a nivel autonómico, considerou que o "razoable" sería "non demorarse máis aló da primeira quincena de outubro", tendo en conta que o PSdeG leva un ano e tres meses sen secretario xeral.

relacionada Leiceaga replica a Cancela que o "déficit" do PSdeG non está no Parlamento
relacionada Ferraz devolve ao PSdeG as competencias para convocar primarias e congreso
relacionada Gonzalo Caballero non descarta optar á secretaría xeral do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE