Os tres posibles aspirantes a liderar o PSdeG coinciden no acto de Rianxo

Leiceaga, Villoslada e Caballero saudáronse. Adriana Lastra nega que a plurinacionalidade provoque tensión no PSOE.


|

DiazvillosladacaballeroDíaz Villoslada, con Gonzalo Caballero. Foto: PSdeG


As tres persoas que, ata agora, mostraron a súa disposición para ser candidatos nas primarias do PSdeG --o seu portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga; o deputado Juan Díaz Villoslada e o militante Gonzalo Caballero-- coincidiron este 25 de xullo no acto central do partido polo Día de Galicia, en Rianxo.


Nesta localidade, e preguntada polos xornalistas, a presidenta da xestora dos socialistas galegos, Pilar Cancela, subliñou a "total neutralidade e total imparcialidade" deste órgano no desenvolvemento das eleccións internas, que serán despois do verán.


Leiceaga, Villoslada e Caballero saudáronse antes do inicio do acto e ata se fotografaron xuntos ao termo, a instancias dalgúns simpatizantes.


"PODEN VIR MÁIS"


Cuestionada pola presenza de Leiceaga, Villoslada e Caballero esta xornada, a presidenta da xestora galega chanceou con que son "algúns" dos que poden chegar a ser candidatos, pero afirmou que "aínda poden vir máis".


En canto a se mantén algunha preferencia, respondeu que "en absoluto" e chamou a atención sobre que "esta xestora, non sei se por sorte ou por desgraza, pero xa ten ás súas costas unas cantas experiencias de xestión de primarias".


"Creo que nunca ninguén puxo en cuestión a neutralidade e a capacidade de desenvolver eses procesos con total neutralidade e total imparcialidade, que é o noso papel", aseverou, antes de rexeitar "engadir nin unha soa coma máis".


Psdegrianxolastra


SEN TESIÓN POLA PLURINACIONALIDADE


A vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, negou que existan tensións no partido pola definición de Estado plurinacional, "porque ese debate suscitouse no congreso federal" e "aprobouse por amplísima maioría".


Despois dela, Cancela, tamén a cuestións dos medios de comunicación, afirmou que "por suposto" que os socialistas galegos se atopan cómodos nesa definición de plurinacionalidade.


Neste sentido, lembrou que o PSOE contribuíu dunha maneira "determinante" á construción do actual modelo constitucional e territorial. "Participamos na elaboración da Constitución e defenderemos sempre a legalidade", incidiu.


"CAMBIO DE INQUILINO" DE MONTE PÍO


O PSdeG fixo un chamamento ao "cambio de inquilino" en Monte Pío para que o próximo presidente da Xunta sexa un socialista, de modo que se poida combater "a resignación" e unha realidade "desoladora" que identifica en factores como "desigualdade, pobreza, exilio dos mozos e precariedade" no mercado laboral.


Cancela e Lastra, xunto á secretaria xeral de Rianxo, Mari Carmen Figueira, realizaron a tradicional homenaxe coa ofrenda floral á figura de Castelao, o autor de 'Sempre en Galiza', de quen Lastra reivindicou que "construíu parte do discurso do socialismo español".


Tamén Cancela lembrou a idea de Galicia que el encarnou, "digna e cun autogoberno forte", dentro dunha España "federal, profundamente solidaria".

relacionada Gonzalo Caballero comeza a presentar a súa candidatura aos militantes do PSdeG
relacionada Leiceaga pulsa o partido para decidir se se postula como líder
relacionada Darío Campos manterase "neutral" nas primarias do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE