Ferido un mozo que caeu desde un terceiro piso en Santiago
Ao parecer, trataba de fuxir da casa para poder ir ás festas do Apóstolo.
Estaba consciente, pero tivo que ser trasladado en ambulancia.
Un home de 22 anos de idade resultou ferido ao precipitarse desde un terceiro piso dunha vivenda na noite do martes en Santiago de Compostela.
Segundo La Voz de Galicia, o mozo trataba de marchar da casa, onde os seus pais o castigaran sen saír.
Os feitos ocorreron na rúa Estocolmo, en Fontiñas. Segundo o relato do alertante, un particular, o mozo precipitado atopábase consciente. O CAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal do 061 e da Policía Nacional.
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que trasladou ao home J.A.G.R., de 22 anos de idade, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, segundo informaron a Europa Press fontes sanitarias.
Escribe o teu comentario