Un marroquí ataca a un policía en Melilla ao berro de "Allahhu Akbar"

Levaba un coitelo de grandes dimensións, pero só lle provocou cortes leves nun dedo. Están case descartadas motivacións terroristas.


|

BenienzarmelillaCaptura do vídeo da actuación policial.


A Policía Nacional abriu unha investigación sobre o agresor que feriu este martes á primeira hora a un axente cun coitelo de grandes dimensións ao berro de "Alá é o máis grande" no paso fronteirizo de Beni Enzar de Melilla. Trátase dun cidadán con problemas mentais de orixe marroquí, segundo confirman a Europa Press fontes da loita antiterrorista.


O incidente protagonizouno este individuo ás 7.35 horas cando tratou de burlar á carreira o dispositivo de seguridade do paso fronteirizo que separa a Marrocos da cidade autónoma. No momento no que foi interceptado e reducido, feriu cun coitelo a un axente, ao que lle causou feridas leves nun dedo.



Fontes policiais explicaron a Europa Press que ao redor das 10.30 horas a liña de investigación descartaba o móbil do ataque terrorista. Os expertos na loita antiterrorista, con todo, seguían analizando a media mañá o incidente en base a un atestado no que aínda non descartaban que puidese tratarse dun ataque.


O policía nacional sufriu un corte nun dedo da man, polo que precisou atención médica. O arrestado, que se atopa pendente de ser identificado por completo, é un home que gritou "Allahu akbar", é dicir, "Alá é o máis grande".


Do suceso informou o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, na súa conta de Twitter pasadas as 9.30 horas. "A Policía detivo un home que atacou cun coitelo aos axentes no paso fronteirizo de Beni Enzar, un deles ferido leve", explicou.

relacionada España descarta elevar a alerta antiterrorista ao nivel máximo
relacionada Santiago, "no punto de mira do terrorismo" e sen policías suficientes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE