En estado crítico unha moza de 21 anos acoitelada pola súa parella en Santiago
Recibiu ata 20 coiteladas nun aparcadoiro público da zona histórica da capital galega.
A moza recibiu entre 15 e 20 puñaladas.
Unha moza de 21 anos de idade foi apuñalada en repetidas ocasións na tarde deste luns, a mans da súa parella. O suceso produciuse no aparcadoiro de San Clamente, situado nas inmediacións da Alameda de Santiago de Compostela.
Segundo informaron fontes sanitarias, a moza recibiu entre 15 e 20 puñaladas e foi trasladada por Urxencias Sanitarias 061 ao Hospital Clínico da capital galega, onde se atopa na unidade de críticos.
O 112 recibiu unha chamada na que unha muller indicaba que a súa cuñada estaba ferida logo de ser atacada cun coitelo pola súa parella.
Escribe o teu comentario