O rexistro no Centro Tecnolóxico da Carne pode levar a detencións

Os axentes entraron, ademais, na vivenda dunha persoa vinculada a este centro dependente da Xunta.


|

PolicianacionalfurgoncocheA operación comezou a partir dunha denuncia anónima.

Os axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) de Ourense que investigan supostos delitos de prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos no Centro Tecnolóxico da Carne incautáronse de "importante documentación" para a causa tras rexistrar o domicilio dunha persoa vinculada a esta fundación dependente da Xunta.


Así o aseguraron a Europa Press fontes próximas á investigación, que explicaron que o pasado venres, tras proceder ao rexistro do Ceteca, os axentes da UDEV desprazáronse ata unha vivenda particular en Ourense onde "retiraron importante documentación" tanto dos computadores persoais como en formato de papel.


Esta documentación súmase á recollida horas antes na sede do Ceteca, onde os axentes pecharon durante seis horas as instalacións para solicitar información por mor dunha denuncia anónima realizada hai dous meses sobre presuntas fraudes en subvencións nesta entidade.


POSIBLES DETENCIÓNS


Esta información súmase á facilitada nas últimas horas polas fontes da investigación, que apuntan a que haberá detencións, aínda que rexeitaron que poidan producirse ao longo da semana ou de maneira inmediata.


Estas mesmas fontes apuntaron a que haberá que esperar á "análise pormenorizada" que realizan os axentes da documentación incautada no Ceteca, antes de que se produzan novos movementos na investigación.

relacionada Os rexistros no Centro da Carne investigan se houbo fraude nas subvencións
relacionada A Policía rexistra en Ourense un centro dependente da Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE