A Policía rexistra en Ourense un centro dependente da Xunta
Os axentes levaron dumerosa documentación do Centro Tecnolóxico da Carne, de San Cibrao das Viñas, sen que se producise ningunha detención.
Edificio do Centro Tecnolóxico da Carne.
Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Comisaría de Policía en Ourense rexistraron este venres as instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, para solicitar información nunha investigación aberta pola Fiscalía.
Os axentes abandonaron o edificio con numerosa documentación, sen que se producise ningún arresto e sen que se esperen detencións nas próximas horas, segundo fontes próximas á investigación. Estas mesmas fontes non descartan que se poidan producir novos rexistros.
Ao longo de varias horas durante a mañá deste venres, os axentes da UDEV pecharon as portas do Centro Tecnolóxico da Carne, unha institución que depende da Consellería do Medio Rural, para recoller información nunha investigación iniciada en Fiscalía da que non quixeron facilitar máis datos para non entorpecer as pescudas.
Escribe o teu comentario