Jonny reincorpórase tras as vacacións e volven os rumores
O lateral do Celta, que disputou o Europeo sub 21 coa selección, ten pretendentes da liga española e de Italia.
Jonny volve tras as vacacións.
Unzué incorporou esta mañá ao traballo de pretemporada o lateral Jonny, que terminou as súas vacacións tras disputar coa selección sub 21 o Europeo.
Coa súa volta aos adestramentos regresan tamén os rumores sobre o interese de varios equipos. Segundo apuntan distintos medios de comunicación, da liga española, a Real Sociedade e o Sevilla, que acaba de incorporar o ex celtista Nolito para a súa dianteira, son os máis adiantados.
Pero, ao parecer, quen está apostando máis forte por tentar o xogador é o Nápoles. Jonny remata contrato co club vigés en 2019 e a súa cláusula é de 18 millóns.
Escribe o teu comentario