Unha familia de Porto do Son desafiuzada consegue unha vivenda de aluguer social

Non puideron facer fronte aos 400 euros mensuais que tiñan que pagar. 46 concellos están no programa 'Vivendas Baleiras'.


|


Stopdesahucios

A familia non puido pagar o aluguer de 400 euros.


A Xunta iinformou da adxudicación na localidade coruñesa de Porto do Son dunha vivenda a unha familia en risco de exclusión que fora desafiuzada por non poder pagar o aluguer.


O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou este sábado o inmoble de aluguer social. Segundo apuntou a Xunta nun comunicado, o piso procede dun convenio subscrito polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) con Abanca para poñer a disposición de persoas en risco de exclusión social unha bolsa de vivendas en réxime de aluguer.


A familia beneficiaria, que conta cun menor ao seu cargo, non puido facer fronte ao aluguer de 400 euros. Este convenio, pretende así, "ofrecer incentivos aos propietarios e axudas aos adxudicatarios", tal e como afirma o goberno galego.


Doutra banda, Rodeiro sinalou no encontro "a necesidade de que os concellos que aínda non se sumaron ao programa de 'Vivendas Baleiras' dean o paso para que a coordinación entre as institucións derive nunha atención máis eficaz aos menos desfavorecidos".


INCREMENTAR AS 'VIVENDAS BALEIRAS'


A Xunta remitiu o convenio de adhesión ao programa de 'Vivendas Baleiras' a varios concellos da xeografía galega co obxectivo de "destinar os inmobles desocupados do municipio a aluguer social para familias en dificultades", segundo apuntou nun comunicado.


En total, suman 46 os municipios que forman parte desta medida. En canto ao prezo máximo da renda do aluguer, sitúase entre 250 euros e 300 en función do concello.

relacionada Case 320 familias galegas teñen concedidos bonos de aluguer social
relacionada Crecen en Galicia os desaloxos de familias non pagar o aluguer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE