Cargos de Podemos inician unha xira para impulsar os círculos en Galicia
O primeiro dos encontros da iniciativa 'Sumando Xente' trae a Pontevedra a Monedero, un dos fundadores do partido.
Imaxe do cartel do encontro en Pontevedra.
Podemos Galicia abre este sábado ás 20,00 horas no Campillo de Santa María de Pontevedra o encontro 'Sumando Xente', unha iniciativa que a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, valora como unha volta ao que foi a súa "base", "a xente e a súa autoorganización nos círculos". O fundador de Podemos Juan Carlos Monedero encargarase de abrir esta iniciativa.
Segundo informa o partido nunha nota de prensa, a este encontro acudirán, ademais deste último e da secretaria xeral autonómica, a membro do Consello Cidadán Estatal (CCE), representante dos círculos territoriais e secretaria xeral de Podemos no Barco (Ourense), Carmela Docampo; o secretario de organización de Podemos Galicia, Juan Merlo; e o membro da Executiva Marcelo Armendáriz, entre outros.
Carmen Santos valora "moi positivamente" que os círculos empecen esta iniciativa porque "é unha boa forma" de exhibir así o "impulso" que queren darlle á que "sempre foi" a súa "base", "a xente e a súa autoorganización nos círculos".
Desta forma, o obxectivo destes círculos é levar as ideas resultantes ao CCE e, para iso, afirma Carmela Docampo, "traballar coas diferentes Secretarías de Organización". Ademais, engade que comeza a xira na comunidade por considerala a súa "casa".
Podemos Galicia fai un chamamento á participación ao "acto aberto" a inscritos e a toda a cidadanía, para "intercambiar ideas e experiencias" e dar resposta ás "principais inquietudes" que se acheguen desde os círculos.
Escribe o teu comentario