A Xustiza reclamaralle a Artur Mas e os seus ex conselleiros os gastos do 9-N
A cifra podería sumar máis de 5 millóns de euros, usados, por riba, desobedecendo o TC.
Artur Mas está condenado por desobedecer ao TC.
O Tribunal de Contas decidiu activar unha investigación para dilucidar responsabilidades pola consulta soberanista do 9 de novembro de 2014 e, no seu caso, reclamar ao ex presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas e varios dos seus ex conselleiros o diñeiro público que se gastou naquela consulta, que podería superar os cinco millóns de euros.
A decisión do Tribunal de Contas chega cando só quedan dous meses e medio para o 1 de outubro, a data programada pola Generalitat para a organización dun novo referendo.
Os catro políticos cataláns (Artur Mas, o ex conselleiro de Presidencia, Francesc Homs, e as tamén ex conselleiras Joana Ortega e Irene Rigau) están condenados pola vía penal a inhabilitación por desobedecer ao TC coa consulta independentista do 9-N que lle custou ás arcas públicas como mínimo 5 millóns de euros.
Escribe o teu comentario