O TC deixa sen orzamento o referendo independentista catalán

|

Tctribunalconstitucional


O Pleno do Tribunal Constitucional anulou por unanimidade a disposición adicional 40 da Lei de Orzamentos de Cataluña, que establece a organización do referendo independentista, e decretou inconstitucionais as partidas desas contas públicas se estas se destinan a financiar a consulta.


Con esta decisión, o Alto Tribunal estima parcialmente o recurso presentado o pasado 4 de abril polo Goberno de Mariano Rajoy contra a Lei de Orzamentos de Cataluña de 2017. Ese recurso dirixíase contra a disposición adicional 40 e determinadas partidas da dita norma, concretamente as referidas a "procesos electorais e consultas populares" e a "procesos electorais e participación cidadá".


A sentenza do tribunal de garantías, da que foi relator o maxistrado Pedro González-Trevijano, declara a inconstitucionalidade e nulidade da mencionada disposición adicional e recalca que as partidas orzamentarias impugnadas son inconstitucionais só "no caso de que se destinen ao financiamento do proceso referendario" ao que se refire a disposición anulada.


Amplía esta información en CatalunyaPress.

relacionada Se gaña o 'si', a independecia catalá sería cuestión de 48 horas
relacionada "Democracia", a resposta de Rajoy aos "delirios" independentistas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress