Jorge Suárez subscribe as críticas de Beiras ao modelo de En Marea
O rexedor ferrolán afirma que non cuestiona o liderado de Luís Villares, senón a falta de pluralidade da coordinadora.
Jorge Suárez, alcalde de Ferrol.
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, situouse a favor da postura dos críticos ao modelo de En Marea. "Non me queda máis que subscribir o dito por Beiras", sentenciou en relación a esta cuestión.
O rexedor declarou que, na súa opinión, todas as propostas que inclúan "a maior pluralidade do espazo sempre son positivas" e estimou que "agora mesmo esa pluralidade non está representada na actual coordinadora, nin na proposta que se levaba ao plenario".
Con todo, Suárez puntualizou que non se trata dun cuestionamiento a Luís Villares, polo que ten "moitísimo respecto tanto no persoal como no político". Ademais, Suárez reiterou unha vez máis que os debates internos deben darse no seo da formación e non no ámbito externo.
Na súa opinión, "copar titulares todo o día acerca dos problemas de organización non creo que sexa o que demandase a xente canto votou En Marea", concluíu.
Escribe o teu comentario