O Celta volve ao traballo baixo as ordes de Unzué

O novo técnico celeste receitou aos seus xogadores unha sesión intensa para comezar a poñer as pernas a punto.


|

CeltapretemporadaA primeira sesión de adestramento da era Unzué.


O Celta iniciou este luns unha nova pretemporada, a primeira ás ordes de Juan Carlos Unzué. Tal e como informa o club a través da súa web, a mañá foi de traballo intenso "desde o primeiro momento".


A volta á disciplina arrincou coa visita do presidente Carlos Mouriño e do director deportivo Felipe Miñambres ao vestiario, para reunirse cos xogadores antes de que o corpo técnico se puxese aos mandos.


O club destaca que "a canteira celeste estará notablemente representada no primeiro equipo", polos xogadores que xa forman parte del e catro futbolistas do filial que farán a pretemporada con eles: o porteiro Iván Villar, os defensas Alende e Pampín e o centrocampista Brais Méndez.


Non asistiron á primeira sesión, con permiso do club, Rubén, Jonny, Marcelo Díaz, Tucu, Guidetti, Iago Aspas, Señé e Drazic.


O Celta inicia unha rutina habitual de dobres sesións que se prolongará ata o 26 de xullo, día marcado como comezo da xira por Inglaterra na que os celestes se medirán a Brentford, Burnley.


Antes de regresar a Vigo, o equipo vigués fará escala en Alemaña o 5 de agosto para enfrontarse ao Bayer Leverkusen. A estes amigables súmase o I Trofeo Isidro Silveira o 22 de xullo, unha emotiva homenaxe ao falecido presidente do Racing Club Ferrol no que os célticos xogarán contra o cadro departamental e o Real Sporting de Xixón.

relacionada Mouriño acepta negociar a concesión do estadio de Balaídos
relacionada Jozabed reencóntrase co celtismo: "Foi sempre a primeira opción"
relacionada Maxi Gómez fai a súa pretemporada particular na Madroa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE