O lugués do crime de Huesca tivo a súa sobriña nun inferno
Segundo os datos da autopsia e a propia confesión do presunto asasino, as malleiras eran frecuentes.
Naiara sufría malleiras de forma habitual.
Canto máis vai transcendendo sobre o crime que acabou coa vida dunha nena de 8 anos de Huesca, máis cruel se revela. Segundo datos da autopsia e a propia confesión do presunto asasino, un lugués de 33 anos, citados por Heraldo de Aragón, as malleiras eran frecuentes.
Segundo esta información, ademais das graves feridas que provocaron a morte da nena, Naiara, o seu corpo presentaba multitude de cicatrices e marcas que os forenses atribúen a agresións anteriores.
A instrución está a desenvolverse baixo segredo de sumario, mentres Iván Pardo Pena foi enviado a prisión provisional sen fianza como presunto autor dun delito de asasinato. Heraldo de Aragón afirma que confesou a autoría do crime.
Nin antecedentes médicos nin os forenses que o viron tras a súa detención apuntan a que o presunto autor poida pedecer algún tipo de enfermidade mental. Ademais, Iván Pena leva moitos anos traballando no sector da seguridade privada, o que obriga a superar un test psicotécnico.
Ao parecer, non se atopou ningún indicio de violencia sexual nas malleiras e vexacións da nena polo seu tío. O que parece claro é que permanecía encerrada en habitacións durante horas, incluso atada.
Escribe o teu comentario