Un lugués, detido por matar dunha malleira á súa sobriña en Huesca
O home dixo aos médicos o xoves que a nena de 8 anos caera polas escaleiras.
Hospital Miguel Servet de Zaragoza.
Unha nena de 8 anos de idade faleceu no Hospital Miguel Servet de Zaragoza tras sufrir o pasado xoves unha malleira no seu domicilio na localidade oscense de Sabiñánigo.
Segundo publica este sábado a prensa rexional, a Garda Civil detivo como presunto autor dos feitos ao tío da menor, un home de 30 anos de idade (e natural de Lugo, segundo distintas informacións xornalísticas) que vivía coa nai e coa nena e que deu aviso aos servizos médicos indicando que a menor caera polas escaleiras.
Con todo, os servizos médicos dubidaron da explicación dada por esta persoa e activaron o protocolo por posibles malos tratos. Dada a gravidade das súas feridas, a nena foi trasladada o xoves de Sabiñánigo ao centro hospitalario de Zaragoza onde, finalmente, faleceu.
O Xulgado de Instrución número 1 de Jaca fíxose cargo deste caso e decretou o segredo das actuacións.
Escribe o teu comentario