Fernández Gayoso pide o terceiro grao tras pasar seis meses no cárcere

O ex presidente de Caixanova tería que ir durmir á prisión ou estar controlado cunha pulseira telemática se lle concenden o réxime aberto.


|

Gayosocaixa


O ex presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, condenado polo escándalo das prexubilacións millonarias, solicitou o terceiro grao penal tras só seis meses entre reixas.


A Audiencia Nacional decretou en xaneiro o seu ingreso na a prisión da Lama para cumprir a condena de dous anos de cárcere. Agora, transcorrido menos dun terzo da súa pena, o que foi co presidente da entidade resultante da fusión das caixas galegas, está á espera de que Insituciones Penais decida se lle concede ou non o réxime aberto.


Se aceptan a súa petición, Fernández Gayoso quedaría en liberdade, controlado cunha pulseira telemática ou obrigado a acudir á prisión para pasar a noite.


A resolución poderíalle chegar este mesmo mes de xullo.

relacionada Rexeitan o excarceramento a dous exdirectivos de Novacaixagalicia
relacionada A AN explica a entrada en prisión dos banqueiros como castigo exemplar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE