Rexeitan o excarceramento a dous exdirectivos de Novacaixagalicia

|


NCG 1


A Audiencia Nacional vén de rexeitar os recursos de súplica contra o ingreso en prisión presentados por dous dos cinco membros da cúpula de Novacaixagalicia (NCG) que foron condenados a dous anos de cárcere polo cobro de indemnizacións millonarias que se concederon a si mesmos antes de abandonar a entidade e que alcanzaron os 22 millóns de euros. Os cinco atópanse en prisión desde o pasado 16 de xaneiro.


Trátase do expresidente de Caixanova Xulio Fernández Gayoso e o asesor xurídico Ricardo Pradas, quen se atopa en prisión tras ordenalo a Audiencia Nacional ao ter en conta que ningún dos condenados devolvera as cantidades polas que foron condenados na sentenza que xa foi declarada firme polo Tribunal Supremo.


Nos autos, dados a coñecer este martes, a Audiencia rexeita os recursos de ambos os exdirectivos pola súa "actitude renuente a manter os pronunciamientos da Sala e a recoñecer a súa culpabilidade, o que xera alarma social".

relacionada Retiran a distinción de ferrolán do ano a José Luis Pego, exdirectivo de NCG
relacionada Ingresan en prisión os cinco exdirectivos de NCG condenados a dous anos de cadea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress