Sindicatos e patronal logran que a Xunta convoque unha reunión a tres bandas
Será este xoves e versará sobre o conflito que leva enquistado desde a semana pasada e polo que se produciron xa catro xornadas de folga.
A Consellería de Infraestruturas convocou a sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada a unha reunión a tres bandas na tarde deste xoves, ás 17,30 horas, como esixían ambas as partes nun conflito que leva enquistado desde a semana pasada.
En principio, o encontro vaise manter co preacordo ao que chegaron as centrais sindicais este mércores de intensificar as protestas, cunha folga que converterán en indefinida --en lugar de só os martes e mércores-- "se non se chega a ningún acordo" esta tarde e se os traballadores así o secundan en asemblea.
Fontes sindicais consultadas por Europa Press sinalan que "poden cambiar as cousas" en función do que expoña a Xunta, cuxa intención é sentar "para falar da subrogación" do emprego co novo plan de reordenación das liñas de autobús.
"Se non se chega a ningún acordo, o conflito intensificarase sempre que traballadores secunden nas súas asembleas", advirten as mesmas fontes.
Pola súa banda, as federacións Anetra, Fegabús e Transgacar (que representan ao 90% das empresas afectadas pola primeira fase do plan) acudirán tamén á cita.
Escribe o teu comentario