Xogadores de equipos galegos participan nun congreso sobre fútbol e psicoloxía

|

Entrenamientodepor


Este luns deu comezo o II Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía que se celebra na Facultade de Psicoloxía da USC. Na xornada do martes está prevista unha sesión sobre o fútbol base e a formación de futbolistas nas que intervirán Gustavo Grossi do RiverPlate de Arxentina; Macario Bravo, ex psicólogo do RC Deportivo da Coruña; e David Llopis do Levante Unión Deportiva.


Para completar a sesión matinal, está prevista unha quenda de intervencións ao redor da participación, deportividade e desenvolvemento. Xa pola tarde, haberá unha mesa de xogadores que contará coa participación de Borja Iglesias do RC Celta de Vigo, Javier Fernández 'Bicho' do RC Deportivo da Coruña e Edu Eslamiada do Pontevedra CF, coordinada polo adestrador nacional Luís Santiago. A continuación terá lugar unha sesión de pósteres e a partir das 18.00 horas os talleres que impartirán, entre outros, Toni Ardá, da Universidade da Coruña; Eduardo Covelo, do Celta; ou 'Luisito' e Roberto Valdés, do Pontevedra CF.


Este evento "representa un paso histórico na análise do fútbol, dos seus protagonistas e da súa contorna desde unha perspectiva científica, racional e universitaria". Con estas palabras o coordinador do congreso, o profesor Constantino Arce, destaca a transcendencia do encontro, "unha idea innovadora da USC e a Federación Galega de Fútbol", que ademais posúe carácter pioneiro xa que "non temos constancia de que existan antecedentes dunha acción formativa semellante realizada de maneira conxunta e coordinada entre unha universidade e unha federación de fútbol".


O segundo Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía pretende facer transferencia directa de coñecemento da universidade á contorna do fútbol co ánimo de axudar a mellorar os niveis de rendemento, de benestar e satisfacción dos adestradores, xogadores, equipos directivos, arbitrais e familias. Para conseguir os seus obxectivos expoñeranse preto dun cento de relatorios, 22 pósteres e 20 talleres. En total, acoden a Santiago expertos, investigadores e profesionais de nove países (España, Portugal, Arxentina, Colombia, Perú, Brasil, México, Estados Unidos e Cabo Verde), e estarán representadas 36 universidades e 35 clubs de fútbol.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress